Portos de Galicia e o Federación Galega da Construción colaboran para incentivar a concorrencia ás licitacións de obra pública

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente da Federación Galega da Construción, Diego Vázquez na sede do ente público en Santiago. Durante o encontro, ambas partes coincidiron na importancia de incentivar a concorrencia ás licitacións de obra pública portuaria. Con este fin, revisaron os proxectos que se atopan a día de hoxe en concurso público e as previsións de futuras actuacións.

Ademais, o presidente de Portos mostrou o interese do ente público nas próximas xornadas que organizará o Cluster da construción e nas que se abordará especificamente o proceso de fabricación de pantaláns es instalacións portuarias flotantes, na que o ente público ten experiencia dilatada.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 04/02/2026