O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos organizadores do evento musical de coros ‘Ourencanto’
2026-02-05
/documents/35297/2021697/050226+Reuni%C3%B3n+cos+organizadores+do+proxecto+Ourencanto+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 05 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión cos organizadores do evento Ourencanto, Cristina Rodríguez e Carlos Núñez, na que lle presentaron a programación da oitava edición deste proxecto musical.
Manuel Pardo aproveitou a xuntanza para felicitarlles polo éxito desta iniciativa que, durante tres xornadas de coros infantís, xuvenís e escolares, ofrece a nenos de 8 a 18 anos da provincia de Ourense novas oportunidades para expresarse e desenvolverse a través da música coral.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 05/02/2026