Medio Rural intensifica a cooperación cos enxeñeiros técnicos agrícolas a prol do sector primario galego
2026-02-11
/documents/35297/2029425/20260211Balseirosenxe%C3%B1eirosagricolas_1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano con representantes dos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos agrícolas de Lugo e da Coruña e Pontevedra.
O encontro serviu para intercambiar impresións e reforzar a colaboración entre ambas as dúas partes a prol do sector primario galego, no que atinxe en concreto á comunicación e cooperación entre estes profesionais colexiados e o persoal técnico da Administración autonómica en ámbitos como a xestión de axudas ao sector, a mellora das explotacións ou a súa sustentabilidade.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/02/2026