Medio Rural e os concellos dos Blancos e Porqueira reforzan a súa cooperación na loita contra incendios

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, reuniuse este mediodía coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, e co rexedor municipal dos Blancos, José Manuel Castro.

A xuntanza serviu para avanzar na colaboración entre a Xunta e estes concellos en materia de loita contra o lume, en particular no que atinxe á contribución da administración municipal aos labores de prevención e defensa. Ambas partes coincidiron en valorar a importancia desta cooperación institucional a prol da protección das persoas, dos seus bens e da riqueza forestal fronte os incendios.

Neste contexto, tamén se avaliou a relevancia de iniciativas coma o convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias, que desenvolve a Consellería do Medio Rural e Seaga para apoiar aos municipios e aos titulares dos terreos no cumprimento das súas obrigas normativas en relación coa limpeza e mantemento das franxas preto das vivendas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/02/2026