A Xunta avalía vías de colaboración coa Asociación Forestal de Galicia para mellorar o aproveitamento dos recursos forestais
2026-02-11
/documents/35297/2029425/20260211LuisaPi%C3%B1eiroAsociaci%C3%B3nForestal.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo con membros da directiva da Asociación Forestal de Galicia, con que avaliou futuras liñas de colaboración co fin de implementar medidas conxuntas que aproveiten a potencialidade dos bosques galegos.
Esta reunión forma parte da rolda de contactos que está a manter a directora xeral despois da súa toma de posesión a finais do ano pasado. O obxectivo destas xuntanzas é coñecer de primeira man as necesidade deste eido, fundamental para a economía galega, e avanzar en liñas de traballo conxuntas que repercutan de xeito positivo no sector forestal.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/02/2026