O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste ao ‘Fulión Tradicional’ correspondente ao entroido de Manzaneda

Ourense, 17 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá ao Fulión Tradicional, acompañado do alcalde, Pedro Yáñez, correspondente ao entroido de Manzaneda, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta cita, o son do fulión con bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos, enche esta localidade durante este peculiar pasarrúas de entroido, que vai acompañado pola súa personaxe tradicional, a mázcara.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/02/2026