Arias asiste á celebración do Día de Rosalía organizada polos conservatorios de música e danza e a Escola Oficial de Idiomas
2026-02-23
/documents/35297/2035217/Dia+Rosalia+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 23 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto de celebración do Día de Rosalía organizado conxuntamente polo Conservatorio de Música Xoán Montes, a Escola Oficial de Idiomas e o Conservatorio Profesional de Danza.
O evento, no que colaboran os equipos de dinamización da lingua galega destes centros, incluíu música, danza e recitación de poesía. A actividade enmárcase no proxecto colaborativo Música e poesía en movemento: sentindo a lingua, no que participan este curso as tres entidades educativas, dependentes da Administración galega.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 23/02/2026