A Xunta anima a máis de 70 axentes da I+G+i a optar a fondos europeos para impulsar proxectos de innovación e tecnoloxías de alto impacto

A directora da Axencia Galega de Innovación participa nunha xornada de presentación sobre as convocatorias do EIC, nas que Galicia é “moi competitiva”

Carmen Cotelo tamén asiste no Cesga á entrega de premios aos mellores videoxogos relacionados coa computación cuántica do proxecto ‘BrinQo’

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe nunha xornada de presentación das convocatorias do Consello Europeo de Innovación (EIC) a través de Horizonte Europa para este ano 2026. Nesta cita, na que participaron máis de 70 axentes da I+G+i, a ciencia e a innovación feitas en Galicia, a directora animounos a optar a estas axudas europeas para impulsar proxectos de innovación e tecnoloxías de alto impacto, que este ano supera os 1.290 M€.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o incremento do “interese por este programa en Galicia, creado para impulsar innovacións disruptivas e tecnoloxías de alto impacto”. Neste sentido, dixo que a participación galega neste instrumento: no 2025 o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación rescatou tres selos galegos por importe de 5,8M€ (un 26% do total), e desde o 2021 as entidades galegas beneficiarias de varias liñas do EIC tiveron unha subvención de máis de 10 M€. “Desde logo, a I+G+i ten pegada en Horizonte Europa e Galicia é moi competitiva, logrando un retorno en todo o programa de case un 4% con respecto ao total do Estado”, engadiu a directora.

As axudas do EIC, que xa teñen a convocatoria aberta, buscan identificar, financiar e acelerar iniciativas innovadoras con potencial para abrir novos mercados ou transformar industrias xa consolidadas. Deste xeito, poden impulsarse startups, pemes e equipos de investigación no desenvolvemento de validación das súas solucións, facilitando o tránsito desde as etapas máis temperás ata a súa introdución no mercado.

Videoxogos sobre computación cuántica

A directora da Axencia Galega de Innovación tamén participou hoxe no Centro de Supercomputación de Galicia na entrega dos premios aos mellores videoxogos do proxecto BrinQo Quantum Computing Game Jam, un evento enmarcado no proxecto Quorum Spain que reuniu durante unha semana a máis de 70 participantes co obxectivo de desenvolver un videoxogo relacionado coa computación cuántica.

A este encontro interuniversitario, no que participaron maioritariamente alumnado dos graos de Informática, Matemáticas e Física das universidades públicas galegas, presentáronse un total de 20 proxectos. Deles, os finalistas recibiron un dispositivo Quokka Quantum, uns emuladores cuánticos portátiles capaces de executar linguaxes de programación propios da computación cuántica, mentres que a mellor proposta obtivo un kit de óptica LED Tech Light Lab.

Esta iniciativa está impulsada por Quorum, unha alianza pioneira apoiada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e está formado por sete entidades que representan o conxunto do ecosistema de innovación en computación cuántica. O obxectivo é impulsar e consolidar un ec

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/02/2026