A conselleira María M. Allegue salienta a forza cultural e patrimonial da Semana Santa de Pontevedra 2026
Pontevedra, 28 de febreiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na presentación da Semana Santa de Pontevedra 2026, onde trasladou o recoñecemento o labor de todos os integrantes da Xunta Coordinadora das Confrarías Penitenciais da Semana Santa para manter viva unha tradición con máis de seis séculos de historia.
Allegue destacou que a celebración, integrada por 7 confrarías, 10 procesións e 28 pasos que percorren o casco histórico, constitúe unha das manifestacións máis consolidadas da “Boa Vila”, cunha importante dimensión cultural, social e turística que dinamiza a cidade e pon en valor o seu patrimonio.
A conselleira puxo en valor o compromiso de máis dun milleiro de cofrades e subliñou a importancia de preservar as contornas históricas como escenario singular onde tradición e patrimonio dialogan, reafirmando o apoio da Xunta á conservación e posta en valor das cidades históricas galegas.