A Xunta e o Concello de Castro de Rei avanzan na súa cooperación para a prevención de incendios forestais
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, recibiu hoxe ao rexedor do concello lucense de Castro de Rei, Francisco Balado, con quen avaliou vías de colaboración para afondar na prevención de incendios forestais no concello.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.