A consellería do Medio Rural e o Goberno Vasco colaboran na loita contra o desperdicio alimentario
2026-03-11
/documents/35297/2046594/20260311_Cervi%C3%B1o_DesperdicioAlimentario_GobernoVasco.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Vitoria, 11 de marzo de 2026
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, reuniuse hoxe coa directora da Fundación Elika para a Seguridade Alimentaria do Goberno Vasco, Arantza Madariaga, para avaliar vías de colaboración na loita contra o desperdicio alimentario, materia na que xa se está a traballar desde a Consellería do Medio Rural.
O encontro, que tivo lugar na Granja Modelo de Vitoria, xirou en torno a esta cuestión. Cabe sinalar que a Fundación Elika leva anos concienciando e impulsando iniciativas para previr o desperdicio alimentario no País Vasco a través dun plan posto en marcha no ano 2018 e coa creación da Plataforma de Euskadi contra o malgasto de alimentos.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/03/2026