A Xunta e a nova Federación de Corais da Provincia de Lugo estudan vías de colaboración en diversos proxectos
2026-03-13
/documents/35297/2046600/130326+Fecolu.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 13 de marzo de 2026
O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse hoxe co presidente e o vicepresidente da Federación de Corais da Provincia de Lugo (Fecolu), Manuel Varela e Miguel Lorenzo, respectivamente, para estudar o apoio da Xunta a diferentes proxectos impulsados polo colectivo.
Arias explicou que se trata dunha primeira toma de contacto coa entidade, recentemente constituída, que aglutina a máis da metade das corais da provincia lucense.
O encontro serviu para coñecer de primeira man as iniciativas nas que está a traballar a nova federación e escoitar as súas propostas, de cara a establecer posibles vías de colaboración nas actividades que desenvolven.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 13/03/2026