A Xunta recoñece os proxectos de investigación de 16 colexios e institutos impulsados desde a biblioteca escolar
Prémianse centros de Brión, Carballo, Coristanco, Santiago, Celanova, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Meaño, Salvaterra de Miño, Silleda, O Grove, O Porriño, Vigo e Vilagarcía de Arousa
Abranguen diversos ámbitos do coñecemento, como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2026
A Xunta premia as iniciativas de 16 centros educativos no XI Concurso de Traballos por Proxectos impulsados desde sa bibliotecas escolares. Trátase de iniciativas que responden a temas de interese do alumnado e que desenvolven contidos curriculares en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros.
O obxectivo do certame é favorecer que os estudantes reforcen as competencias clave a través do desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar. Ao mesmo tempo, impúlsase o traballo en equipo entre os máis novos.
A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado.
Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, e na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, os premios son de 1.500€ por centro. Na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, o galardón ascende a 3.000 €.
A relación de centros premiados é a incluída no seguinte cadro:
|
Modalidade |
Provincia |
Concello |
Centro |
|
1 |
A Coruña |
Brión |
IES Brión |
|
Santiago de Compostela |
CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei |
||
|
Ourense |
Celanova |
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro |
|
|
Pontevedra |
Cerdedo-Cotobade |
CEIP Plurilingüe de Carballedo |
|
|
Cuntis |
CPI Aurelio Marcelino Rey García |
||
|
Meaño |
CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño |
||
|
Salvaterra de Miño |
CEIP Plurilingüe de Leirado |
||
|
Silleda |
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro |
||
|
O Grove |
CEIP Valle-Inclán |
||
|
O Porriño |
IES Ribeira do Louro |
||
|
2 |
A Lama |
CEIP A Lama |
|
|
Vigo |
IES Valadares |
||
|
3 |
Cuntis |
CPI Aurelio Marcelino Rey García |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
CEIP A Escardia |
||
|
4 |
A Coruña |
Carballo |
CEIP Xesús San Luís Romero |
|
Coristanco |
CEIP Canosa-Rus |