Un total de 15 centros educativos de Ferrolterra benefícianse este curso das axudas da Xunta para a distribución de leite e froita fresca nas escolas

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o IES Canido, beneficiario deste programa

Esta convocatoria da Consellería do Medio Rural contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros

Ferrol, 23 de marzo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o IES Canido, un dos centros educativos de Ferrolterra beneficiarios este curso do programa da Consellería do Medio Rural de distribución de leite, froita fresca e castañas nas escolas. A visita coincidiu co reparto de froitas no recreo aos alumnos de secundaria do centro.

“A través desta liña de subvencións, o Goberno galego pretende potenciar o consumo de froita e leite entre os nenos e mozos -benefícianse destas axudas alumnos dende Educación Infantil ata Bacharelato e FP de grao medio-, fomentando así a creación de hábitos alimenticios saudables que poidan manter ao longo da súa vida, así como o consumo de produtos de proximidade”, explicou Aneiros.

A delegada territorial destacou que a convocatoria destas axudas para o curso 2025-2026 beneficia na zona en torno a 3.500 alumnos de 15 centros, nos que se repartiran preto 11.800 quilos de froita e más de 1.100 litros de leite.

Esta orde de subvencións contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia e está cofinanciada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/03/2026