A Xunta destaca a importancia das festas gastronómicas como elemento dinamizador do rural

A Pastoriza (Lugo), 29 de marzo de 2026

As conselleiras do Medio Rural, María José Gómez, e de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asistiron hoxe á XV edición da Festa Gastronómica da Bola de Liscos e as Freces, que se celebra cada ano na localidade lucense da Pastoriza. Neste marco, o Goberno galego destaca a importancia deste tipo de eventos, que actúan como elementos dinamizadores das contornas rurais nos ámbitos social e económico.

Por outra banda, a Xunta salienta tamén a contribución destas celebracións á posta en valor da gastronomía galega e ao fomento da comercialización de produtos de proximidade, que propician o contacto directo entre produtores e consumidores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/03/2026