Martina Aneiros asiste á bendición do novo Cristo do Desencravo da Confraría do Santo Enterro

Ferrol, 27 de marzo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu á presentación e bendición do novo Cristo do Desencravo da Confraría do Santo Enterro. O bispo da diocese, Fernando García Cadiñanos, foi o encargado de bendicir a imaxe, que se estreará na Cerimonia do Desencravo este próximo Venres Santo.

Esta renovación responde tanto á antigüidade do Cristo como ao seu deterioro. A nova talla é unha réplica en canto ás dimensións do anterior e está realizada en madeira de cedro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2026