Extinguido o incendio do concello lucense de Ourol, parroquia do Sisto
O lume iniciouse ás 23.07 horas do venres, día 27, e finalmente afectou unha superficie de 32,83 hectáreas, todas elas rasas
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia do Sisto, quedou extinguido ás 11.05 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 23.07 horas do venres, día 27, e finalmente afectou unha superficie de 32,83 hectáreas, todas elas rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito conxunto, 1 técnico, 14 axentes, 15 brigadas, 13 motobombas e 1 pá.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.