A Xunta de Galicia inicia en Ferrol as xincanas urbanas de ‘Localízate’ para reforzar os vencellos da mocidade co comercio local

Ferrol, 14 de abril de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e polo alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe á primeira xincana organizada no marco da iniciativa autonómica Localízate! no teu comercio local, impulsada no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Tras o desenvolvemento da primeira etapa, Localízate! na aula, na que 2.175 alumnos e alumnas de ESO e de FP Básica analizaron e propuxeron ideas innovadoras para o comercio de proximidade, o programa dá agora paso á súa vertente máis práctica e dinámica, na que participarán en cada cidade aquelas aulas cos traballos mellor valorados polo xurado.

Tras a xincana de hoxe en Ferrol, entre os meses de abril e maio o alumnado percorrerá diferentes zonas comerciais e prazas de abastos das sete grandes cidades de Galicia. Así, interactuarán cos profesionais do sector e resolverán probas que lles permitirán coñecer de primeira man a realidade do comercio local, así como aspectos relacionados coa calidade do produto local, a atención personalizada ou a súa contribución á economía e ao emprego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2026