A Xunta renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que se celebra este domingo

Barreiros (Lugo), 15 de abril de 2026

A Xunta renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que celebra a cuarta edición o domingo 19 de abril. A cita está organizada pola asociación veciñal da parroquia.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con membros da comisión organizadora desta xornada de convivencia que reunirá a residentes e visitantes. O programa comeza ás 12,30 horas cunha actuación musical e a partir das 14,30 horas está previsto o xantar popular baixo unha carpa. 

Arias lembrou que o Goberno galego colabora con entidades de toda a provincia para facilitar o desenvolvemento de actividades que fomenten a cohesión social e  a participación cidadá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/04/2026