Miguel Corgos e Roberto García asisten á XXXI Carreira alternativa pola inclusión e a igualdade
2026-04-26
/documents/35297/2096359/20260426_corgos_carreira_012.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 26 de abril de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiron hoxe á XXXI Carreira alternativa pola inclusión e a igualdade, dentro da festa do deporte alternativo. Trátase dunha proba en defensa do dereito de todas as persoas a practicar actividade física e deportiva sen barreiras ou discriminacións, recuperando os valores tradicionais do deporte moderno.
Nese espírito de colaborar e non competir, na carreira foi posible participar andando, correndo, en patíns, en patinete, en bicicleta ou en cadeira de rodas, de xeito que todo o mundo, con independencia das súas condicións físicas, puido participar.
Data de actualización: 26/04/2026