A Xunta participa na xornada impulsada por ‘The Way Startup Summit’ para poñer en contacto persoas emprendedoras e investidoras

Allariz (Ourense), 6 de maio de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no Investor Tour no marco do evento The Way Startup Summit 2026, concibido para poñer en contacto persoas emprendedoras con investidoras co gallo de que consigan levar a cabo os seus proxectos. En concreto, Mariño incorporouse en Allariz a unha etapa do Camiño Mozárabe na que tamén participou unha representación da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (AEGU) e que culminou cun encontro no que se deron a coñecer os detalles de varios proxectos emprendedores, co fin de conseguir financiamento.

A directora xeral aproveitou para poñer en valor a adhesión The Way Startup Summit á Rede Ultreia de colaboración público-privada impulsada pola Xunta para darlle un pulo ao ecosistema emprendedor en Galicia. Unha rede que será un dos eixes da futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia, que se está ultimando da man de todos os axentes implicados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2026