Arias visita na delegación territorial a exposición “Cartografía do desarraigo” xunto co autor, Hanoi Vidal

Lugo, 13 de maio de 2026

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición “Cartografía do desarraigo”, de Hanoi Vidal, composta por 25 cadros que completan un relato sobre o proceso e as consecuencias da emigración. O delegado territorial, Javier Arias, percorreu hoxe xunto co autor a mostra, que aínda se pode visitar ata este venres.

Hanoi Vidal, artista cubano-español afincado en Lugo, reúne nesta colección algunhas das súas obras máis recentes, principalmente pinturas contemporáneas con abundantes elementos figurativos que mesturan a experiencia autobiográfica e a colectiva. Nesta ocasión contou ademais coa colaboración da artista plástica mexicana Soila Jankowska, que presentou varias pezas escultóricas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2026