A Xunta participa no acto do 182 aniversario da fundación da Garda Civil
Os representantes do Goberno autonómico felicitaron aos homenaxeados e reiteraron o respecto e gratitude da Xunta de Galicia a todos os homes e mulleres que forman parte da Garda Civil polo seu servizo exemplar á sociedade.
Bergondo (A Coruña), 13 de maio de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participaron hoxe no acto de conmemoración do 182 aniversario da Fundación da Garda Civil onde puxo en valor “o compromiso, a profesionalidade e a vocación de servizo público” deste corpo ao longo da súa historia.
Durante o acto institucional, os representantes do Goberno autonómico destacaron o papel fundamental que desempeña a Garda Civil na protección da cidadanía, especialmente no ámbito rural, garantindo a seguridade e contribuíndo á cohesión social de Galicia. Neste sentido, agradeceu o traballo diario dos axentes “na defensa dos dereitos e liberdades, así como na atención permanente ás necesidades da veciñanza”.
A delegada e o director xeral subliñaron a importancia da colaboración entre administracións e forzas e corpos de seguridade para seguir avanzando nunha sociedade máis segura e cohesionada. Ademais, trasladou o recoñecemento da Xunta ao labor desenvolvido pola Garda Civil en ámbitos como a seguridade viaria, a protección do medio ambiente, a loita contra a violencia de xénero e a resposta ante situacións de emerxencia.
Ambos felicitaron aos homenaxeados e reiteraron “o respecto e gratitude da Xunta de Galicia a todos os homes e mulleres que forman parte da Garda Civil polo seu servizo exemplar á sociedade”.