Medio Rural salienta o potencial da produción de té na provincia de Pontevedra
2026-05-21
/documents/35297/2130921/20260521TeAreeiro.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 21 maio de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, asistiu hoxe ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra na Estación Fitopatolóxica Areeiro, con motivo do Día Internacional do Té. Nel, destacou o potencial que este tipo de produción nesta provincia.
O evento contou cunha degustación das infusións incluídas na marca TéAreeiro, producido a partir das camelias dos principais xardíns da provincia. Na estación fitopatolóxica contan cunha plantación experimental e ofrecen tamén cursos formativos para fomentar o seu cultivo para a produción de té no resto da provincia.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 21/05/2026