A Xunta pon en valor o compromiso do sector metalgráfico coa sustentabilidade e a economía circular
Vigo, 21 de maio de 2026
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, destacou hoxe que o metalgráfico é un dos sectores máis comprometidos coa economía circular nun momento en que á industria se lle exixe reducir os seus residuos plásticos, dixo.
Nicolás Vázquez interveu hoxe na celebración do centenario da Asociación Metalgráfica Española e na cuarta edición dos Premios Infinito, que lle foron outorgados ao programa de educación ambiental Cada Lata Cuenta, na categoría de redes sociais; á Fundación Biodiversidad, na categoría de organizacións; e ao programa El Eco de Los 40, na de medios de comunicación.
O secretario xeral puxo en valor o vínculo deste sector coa área de Vigo e a industria conserveira en Galicia, e salientou que está en constante evolución tecnolóxica, regulamentaria e de deseño, cunha facturación anual próxima aos 2.000 millóns de euros e uns 7.200 empregos.