A Xunta pon en valor as Feiras da Primavera do Páramo como elemento dinamizador das contornas rurais

O Páramo (Lugo), 5 de xuño de 2026

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe á inauguración da XLIX edición das Feiras de Primavera do Páramo, onde puxo en valor a contribución deste evento á dinamización das contornas rurais. Ao longo de tres días, ofreceranse actividades vinculadas ao sector agrogandeiro, acompañadas dunha ampla programación que inclúe ofertas gastronómicas, musicais e lúdicas, así como actividades relativas a tradicións ecuestres.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2026