Lorenzana analiza co alcalde de Boqueixón as necesidades de solo empresarial do concello
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en San Caetano, unha reunión de traballo co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, para analizar as necesidades de solo empresarial no municipio coruñés, toda vez que este Concello foi beneficiario desde o ano 2016 de máis de 600.000 euros en axudas da Xunta para parques empresariais.
A titular de Economía e Industria subliñou que Galicia contará en 2030 con case 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial cun investimento de máis de 440 millóns de euros. Deles, preto de 4,2 millóns de m2 estarán na provincia da Coruña cun orzamento de 112 millóns de euros. O obxectivo é dispoñer dunha oferta de solo máis competitiva, equilibrada e adaptada ás necesidades do tecido produtivo, así como favorecer a captación de novos investimentos.