Rueda inaugura a II edición da exposición de fotoxornalismo `A Galicia inédita´

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración da II edición da exposición de fotoxornalismo A Galicia Inédita, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia e pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia.

O titular do Executivo autonómico eloxiou o traballo que a diario fan os medios de comunicación, e considerou que iniciativas coma esta son moi necesarias para poñer en valor o importante papel que desenvolven na sociedade. Ademais, na súa intervención destacou o talento e compromiso destes profesionais que, segundo dixo, son tamén Galicia Calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2026