A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M.artínez Allegue, visitou hoxe estas obras, que suporán un investimento de máis de 3,3M€

A Xunta avanza na construción doutras 14 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que se sortearán no vindeiro mes de xullo

Allegue detallou que os traballos xa superan o 60% de execución e se prevé o seu remate para antes de que remate o ano

O edificio terá dúas plantas con vivendas de 2 dormitorios, todas con garaxes e rochos, e serán “fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente”

O inmoble constará de paneis fotovoltaicos no teito, posibilitando maior aforro no suministro eléctrico nos elementos comúns da comunidade

Explicou que estes fogares se adxudicarán en réxime de alugueiro e o 40% deles se destinarán a menores de 36 anos

Concretou que os importes de alugueiro roldarán entre os 130 e os 190€ ao mes

A Coruña, 16 de xuño de 2026

A Xunta avanza na construción doutras 14 novas vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que se sortearán no vindeiro mes de xullo. Así o salientou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que visitou esta mañá estas obras.

Trátase dun inmoble na parcela Z-06 de Xuxán, que suporá un investimento de máis de 3,3M€, cofinanciado con fondos europeos.

O edificio terá dúas plantas con vivendas de 2 dormitorios, todas con garaxes e rochos. Segundo explicou a conselleira, serán “uns fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente”.

Este inmoble constará dunha fachada invertida, o que aumentará a inercia térmica. Ademais disporase sistema de aerotermia individual e tamén paneis fotovoltaicos no teito, posibilitando maior aforro no suministro eléctrico nos elementos comúns da comunidade.

Detallou que os traballos xa superan o 60% de execución e prevese o seu remate para antes de que remate este ano.

Sorteo

Por outra parte, anunciou que o vindeiro 14 de xullo se realizará o sorteo ante notario destas vivendas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda. Sinalou que é o primeiro sorteo no que xa se considera o aumento do limiar máximo de renda ata 4 veces o Iprem, 4,5 en familias numerosas.

Apuntou que estes fogares se adxudicarán en alugueiro e o 40% deles se destinarán a menores de 36 anos.

Explicou que estas vivendas se adxudicarán en réxime de alugueiro accesible, con rendas que roldarán entre os 130 e os 190€ mensuais.

Cómpre lembrar que a Xunta ten actualmente na Coruña un total de 1.061 fogares públicos en diversas fases de execución.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2026