Medio Rural salienta a importancia de iniciativas como Vintec Galicia para impulsar o sector vitivinícola

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, reuniuse hoxe con representantes do salón de subministros, maquinaria e equipamento vitivinícola Vintec Galicia. José Balseiros amosou o apoio da Consellería cara esta iniciativa, cuxa primeira edición se celebrará en Vilagarcía de Arousa no mes de outubro, e asegurou que este tipo de proxectos contribúen de xeito directo a impulsar o sector vitivinícola na comunidade.  

Vintec Galicia é o primeiro salón deste tipo que se celebra na nosa comunidade. O seu principal obxectivo é consolidarse como unha cita de referencia para o sector, creando un evento único no que podan reunirse todos os axentes, dende a cadea de valor ata os consumidores finais, tendo en conta tamén ás adegas e distribuidoras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2026