María José Gómez salienta o papel da Rapa das bestas de Candaoso á hora de preservar os traballos gandeiros tradicionais

Viveiro (Lugo), 5 de xullo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe a 55ª edición da Feira e Festa da Rapa das Bestas de Candaoso, celebrada no concello de Viveiro, onde puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 05/07/2026