Alfonso Villares asiste ao Festival Folklórico Internacional de San Cibrao
Cervo (Lugo), 17 de xullo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu esta tarde ao Festival Folklórico Internacional de San Cibrao, organizado polo Grupo Folklórico Mistura de Lieiro en colaboración co Concello de Cervo.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuará mañá sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil.
Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.