Belén do Campo destaca o apoio da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña en Santiso optimizando o servizo á cidadanía

O Concello contou  cunha achega do Goberno galego de case 26.000 euros para Mellora da eficiencia enerxética coa substitución da carpintería exterior do antigo CEIP de Visantoña

Santiso  (A Coruña), 20 de xullo de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  visitou hoxe as melloras que se executaron no novo local cultura no antiguo CEIP de Visantoña  dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixida a concellos, e destinada a mellorar o equipamento e as instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais en concurrencia competitiva. Concretamente, este Concello recibiu unha achega de case 26.000 euros para levar a cabo o seu proxecto.

O Centro Cultural de Visantoña é unha das sedes principais da Concellería de Cultura de Santiso. O centro está equipado para o desenvolvemento de diversas actividades de conciliación dos rapaces, talleres de memoria dos maiores,  ademais de ser un punto de encontro e ensaio para as asociación culturais locais como a Banda Escola de Música de Visantoña, a Coral Polifónica e varios grupos de música tradicional.

A intervención contemplou a desmontaxe de carpintarías exteriores existentes. E a Instalación de ventás de aluminio con rotura de ponte térmico, de follas practicables ou abatibles, con apertura cara o interior, acabado lacado cor branca, con dobre vidro de baixa emisividade térmica e de seguridade.

O proxecto permite unha mellora notable da eficiencia enerxética, reducindo de forma drástica o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións contaminantes asociadas e mellorando a calidade do servizo que se presta á cidadanía.

Axudas 2025

A delegada da Xunta lembrou, na visita, que o Goberno galego impulsou estas axudas para a mellora de equipamentos culturais, na convocatoria de 2025, co apoio  na comarca de Melide, ademais de Santiso tamén recibiu outra achega o concello de Melide  para a instalación dun equipamento escénico no centro sociocultural Mingos e Pita por un importe de 8.500 euros.

Na provincia da Coruña recibiron estas achegas 22 concellos por un importe de máis de 201.000 euros e en Galicia se melloraron 44 infraestruturas, cun orzamento de 500.000 euros destinado a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos. Estas axudas serven para sufragar gastos de reformas, obras de ampliación, mellora da accesibilidade e tamén para a adquisición de equipamento como material escénico, iluminación, son ou audiovisual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2026