Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 30 hectáreas, parte delas no municipio lucense de Guitiriz
Estabilizado dende as 03,02 horas desta madrugada un incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Ourol, parroquia de Merille, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas
Continúa controlado o lume de Taboada, parroquia de Ínsua, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 40 hectáreas
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08,30 horas de hoxe.
A CORUÑA
Controlado Monfero-O Alto de Xestoso
Ás 22,22 horas de onte quedou controlado o incendio forestal do concello coruñés de Monfero, parroquia do Alto de Xestoso, rexistrado onte ás 14,26 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas, parte delas no municipio lucense de Guitiriz. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 13 axentes, 18 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións.
LUGO
Estabilizado Ourol-Merille
Dende as 03,02 horas desta madrugada está estabilizado un incendio forestal rexistrado no municipio de Ourol, parroquia de Merille, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas. Comezou onte ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Controlado Taboada-Ínsua
Continúa controlado dende as 19,31 horas de onte o incendio do concello de Taboada, parroquia de Ínsua, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a extinción deste incendio, orixinado ás 16,44 horas deste martes, mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 5 técnicos, 16 axentes, 31 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.