Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta coas prazas de abastos na reapertura da peixería de Ucha

Ferrol, 4 de agosto de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistíu hoxe, xunto ao tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, e á concelleira de Mercados, Maica García, á reapertura da peixería do mercado da Magdalena, onde comprobou o resultado dos traballos levados a cabo na nave nos últimos meses coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Aneiros cualificou a xornada como “un día importante para a cidade” e agradeceu ao Concello “o bo destino da subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración”. Aproveitou tamén para recalcar o compromiso da Xunta coas prazas de abastos e a súa modernización, “promovendo así a dinamización do comercio local e do consumo de produtos de proximidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2026