A Xunta participa nunha homenaxe a Santiago de Marsanau, fundador da Sociedade San Vicente de Paúl

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2026

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu esta tarde ao homenaxe de Santiago de Marsanau (1805-1882), músico, compositor e fundador da Sociedade San Vicente de Paúl. Esta homenaxe celebrouse no marco da LXIII edición dos Cursos Internacionais de Música en Compostela e tivo lugar na capela do Hostal dos Reis Católicos.

O acto consistiu nun relatorio a cargo de Isabel Dobarro, pianista e gañadora do último Latín Grammy ao mellor álbum de música clásica 2025. Ademais, o mestre Josep María Colom, Premio Nacional de Música, interpretou dúas obras ao piano de Marsanau.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/08/2026