A Xunta analiza co Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense vías para potenciar a súa colaboración en materia de relacións laborais
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2026
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, reuniuse esta semana co Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense para abordar distintos aspectos relacionados coa colaboración que manteñen ambas partes. Grazas a ela, esta entidade ofrece á cidadanía un servizo gratuíto de orientación xurídica-laboral co fin de resolver dúbidas e achegar asesoramento personalizado en materia de relacións laborais.
Neste contexto, púxose de relevo o papel que as graduadas e graduados sociais desempeñan neste eido como nexo entre empresas, traballadores e administracións. Esta xuntanza enmárcase na aposta do Goberno galego pola escoita activa dos axentes socioeconómicos e pola colaboración público-privada a prol de accións que contribúan a un mercado laboral dinámico, inclusivo e que xere emprego de calidade.