O concello de Ponteareas participa na campaña estival ‘Un alento de vida’ da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

O municipio pontevedrés acadou no 2025 un índice de 40 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

Ao redor de 170 concellos recibirán a visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue co obxectivo de obter 22.000 doazóns no período estival

Ponteareas, 13 de agosto de 2026

O concello de Ponteareas acolle hoxe e mañá, xoves 13 e venres 14 de agosto, a campaña de verán Un alento de vida que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). O obxectivo desta iniciativa pasa por obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue ata finais de agosto e fomentar a participación da cidadanía. Para iso, as unidades móbiles da Axencia visitarán máis de 170 concellos galegos para facilitar o acceso a este xesto solidario.

Para posibilitar a colaboración dos doantes, a unidade móbil da ADOS estará estacionada, este luns, na Avenida de Galiza, detrás do Concello, e o martes 14, na Rúa Conde Brey, en horario das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas ao longo das dúas xornadas.

A Axencia lembra que todos os días do ano son precisas 400 doazóns para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais. Esta cifra se mantén nos meses de verán, un período especialmente sensible por mor da deslocalización dos doantes habituais.

Colaboración fundamental

A campaña Un alento de vida lembra a importancia de procurar unha oportunidade de curación para moitos enfermos que só poden brindarlle os doantes de sangue que, co seu xesto solidario, contribúen ao posibilitar o tratamento de moitos doentes atendidos no noso sistema público de saúde.

As persoas que participen na campaña de verán recibirán un agasallo como unha almofada ou un balón de praia pola súa participación nesta iniciativa quere chamar a atención sobre a necesidade de doar aínda que sexa verán e desfrutemos de vacacións, lembrando que as unidades móbiles tamén terán unha importante presenza en municipios de costa e eminentemente vacacionais.

Elevada participación

A Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal pola súa implicación e decidido compromiso no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como o recoñecemento a todos os veciños e veciñas de Ponteareas que doan sangue. Neste sentido, lembrar que no pasado 2025, este municipio pontevedrés acadou, con 924 doazóns, unha taxa de 40 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, un dos índices máis elevados da provincia e por riba da media de Galicia (39/1.000).

Desde a Axencia convidan a toda a cidadanía a tomar parte nesta nova campaña de doazón, lembrando que pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2026