Villares destaca a relevancia turística e cultural da festa normanda de Foz, que conta co apoio da Xunta

Foz (Lugo), 13 de agosto de 2026.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou esta tarde na presentación da XIV Festa Normanda de Foz, que se celebrará entre o 27 e o 30 de agosto. Está organizada pola asociación Desembarco Normando e conta co apoio da Administración autonómica.

Villares subliñou a relevancia turística e cultural desta cita, que é “unha forma lúdica de poñer en valor a historia, o patrimonio e a identidade que herdamos, así como unha experiencia participativa que xera dinamismo económico para o comercio e a hostalería local”.

O evento rememora as incursións viquingas na costa e a resistencia do pobo mariñán. A recreación deste episodio na mañá do sábado é a actividade central dunha programación que ofrece tamén mercado medieval, espectáculos, xogos e música nas rúas da localidade. Este ano cobra tamén especial peso a gastronomía, coa celebración da Festa da Bígara no marco das accións do festexo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2026