Ana Ortiz visita o recinto das festas de San Roque, en Vigo, e felicita á irmandade cultural e social polo esforzo organizativo
2026-08-14
/documents/35297/2243113/VIGO.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 14 de agosto de 2026
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres a Finca de San Roque na que se celebrará esta fin de semana a romaría popular máis recoñecida da cidade. A representante autonómica fixo un percorrido polo recinto e felicitou á Irmandade Cultural e Social de San Roque polo seu esforzo organizativo. Ana Caride e Teresa Pérez, presidenta e vicepresidenta do colectivo, deron a coñecer á delegada os últimos preparativos da popular romaría que se celebrará esta fin de semana no barrio vigués.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 14/08/2026