Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira
O lume iniciouse o martes ás 17,39 horas e finalmente afectou unha superficie de 76,25 hectáreas, todas elas de monte arborado
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira, quedou extinguido ás 19,16 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 17,39 horas do martes e finalmente afectou unha superficie de 76,25 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 7 técnicos, 27 axentes, 41 brigadas, 33 motobombas, 3 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.