A Xunta participa na xornada sobre sustentabilidade nas entidades de plena inclusión organizada por Fademga

A Coruña, 24 de setembro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Nuria Aguilar, asistiron esta mañá á xornada Soster para avanzar: aprendizaxes e estratexias para a sustentabilidade organizacional nas entidades de Plena inclusión, organizada pola Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga Plena Inclusión Galicia).

Begoña Abeijón destacou a importancia da alianza entre as administracións públicas e as entidades para garantir os servizos e poder chegar a un maior número de persoas e lembrou o apoio da Xunta a través do concerto social e de axudas para programas e inversións en centros. Nesa liña, Marta Mariño puxo en valor as medidas incluídas na Estratexia galega de economía social horizonte 2027 co gallo de apoiar e consolidar o labor deste tipo de entidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/09/2026