Activo un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín
O lume iniciouse ás 13,36 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín. O lume iniciouse ás 13,36 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 8 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 9 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.