A Xunta reivindica o valor dos pazos e a cooperación transfronteiriza no Congreso Ibérico de Casas Solariegas

Vigo, 25 de setembro de 2026

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no Congreso Ibérico de Casas Solariegas, foro organizado pola Asociación Amigos dos Pazos que reúne ata este sábado en Vigo numerosos especialistas, arquitectos e investigadores de Galicia e de Portugal para abordar o estudo e a conservación dos pazos. Jesús Gamallo interveu no foro cunha ponencia titulada A cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, unha aproximación cultural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2026