O delegado da Xunta en Ourense visita o novo local da ‘Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras Enfermidades Raras’

Ourense, 25 de setembro de 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, achegouse esta mañá na cidade de Ourense, á nova sede da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras Enfermidades Raras (AODEMPER), para comprobar de primeira man o traballo que está a desenvolver esta entidade social.

Na visita, Manuel Pardo felicitou á súa presidenta, Susana Fernández, pola atención e acompañamento que realiza esta asociación ás persoas que sofren estas enfermidades, e transmitiulle o apoio da Administración autonómica co fin de seguir construíndo unha Galicia máis humana, máis sensible e máis xusta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2026