Fabiola García sitúa a Galicia como un referente na atención ás persoas con TEA na Gala solidaria Fundación Autismo Coruña
A conselleira de Política Social e Igualdade anunciou que a Xunta está a piques de rematar en Friol un centro integral para persoas con autismo pioneiro en España
A Coruña, 25 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta tarde á gala solidaria organizada pola Fundación Autismo Coruña, onde resaltou que Galicia é un referente na atención ás persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Neste sentido destacou o primeiro Plan Galego do Autismo no que está traballando a Xunta, co que busca “reforzar os recursos dispoñibles, garantir a saúde integral das persoas con TEA e asegurar unha resposta educativa inclusiva e de calidade en todas as etapas”.
Para a súa posta en marcha, apuntou a conselleira, o Goberno galego conta, entre outras entidades, coa Federación Autismo Galego, á que agradeceu o seu apoio e colaboración como coñecedora das necesidades e retos de futuro das persoas con TEA e das súas familias. Anunciou ademais que a Xunta está a piques de rematar en Friol o que será o primeiro centro integral para persoas con autismo de Galicia, que é pioneiro en toda España.
Fabiola García concluíu indicando que o Executivo autonómico seguirá impulsando políticas que promovan o benestar integral, os dereitos e a plena inclusión das persoas con TEA. Blindando así a posición de Galicia como un referente na atención e no apoio a este colectivo.