A Xunta amosa na aldea de Muimenta a súa aposta pola atracción de talento emprendedor cunha nova reunión do programa Fixar

Carballeda de Avia (Ourense), 27 de setembro de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu a unha nova xuntanza das persoas participantes no programa autonómico Fixar, impulsado pola Xunta en colaboración coa Asociación Cultural Sende para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural. Esta rede integra os espazos de coliving de Sende (Lobeira, Ourense), Anceu (Ponte Caldelas, Pontevedra) e iSlow (Laxe, A Coruña) e ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias e o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras que contribúan á dinamización do territorio.

A directora xeral subliñou o valor de reunións coma esta para ver os resultados do modelo coliving impulsado ao abeiro de Fixar a prol do emprendemento ante retos como o demográfico e a remuda xeracional no rural. Ademais, esta xuntanza ten lugar na aldea de Muimenta, onde se centra o proxecto Muimenta Viva, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello de Carballeda de Avia co fin de activar os novos equipamentos comunitarios neste lugar e de avanzar cara a un modelo público innovador de emprendemento e dinamización territorial no rural galego.

Data de actualización: 27/09/2026