A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou nos actos organizados por Faxpg

A Xunta súmase á conmemoración do Día Internacional das Persoas Xordas

Abeijón reiterou o compromiso do Executivo autonómico de seguir impulsando iniciativas que melloren o benestar e a calidade de vida deste colectivo

A Coruña, 26 de setembro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nos actos conmemorativos do Día Internacional das Persoas Xordas organizados pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e no que se defenderon os dereitos destas persoas e seguir avanzando na súa plena integración. Begoña Abeijón reiterou o compromiso da Xunta de continuar impulsando iniciativas que melloren o benestar e a calidade de vida as persoas xordas e dos seus familiares.

Neste sentido, a directora xeral destacou a colaboración que desde fai anos mantén a Xunta con entidades que traballan neste ámbito, como Faxpg, que é a federación de referencia. De feito, a través da orde de axudas do 0,7% do IRPF e dun convenio, o Goberno galego financia servizos de logopedia, de intérpretes de Lingua de Signos Española ou de formación, así como actuacións para a mellora e mantemento de instalacións.

Begoña Abeijón fixo fincapé que con esta colaboración, o Executivo autonómico contribúe a favorecer o desenvolvemento e a autonomía das persoas xordas, a eliminar as barreiras de comunicación ás que se enfrontan e a fortalecer o traballo do tecido asociativo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2026