A Xunta pecha esta fin de semana en Curtis a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, asistiu hoxe á primeira das catro xornadas formativas que se celebran hoxe e mañá domingo no Polígono Industrial de Teixeiro

Curtis (A Coruña), 26 de setembro de 2026

A Xunta pecha esta fin de semana en Curtis a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas. A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, asistiu hoxe en Curtis á primeira das catro xornadas formativas, que se celebran hoxe e mañá domingo no Polígono Industrial de Teixeiro.

Nesta segunda convocatoria do ano dos cursos gratuítos dirixidos a motoristas celébranse 8 sesións, cun total de 160 prazas dispoñibles. As anteriores celebráronse en Vilalba e Vilaboa.

Este cursos están dirixidos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas, que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura. As sesións contan cunha parte teórica e outra práctica, na que os participantes aprenden a reaccionar ante situacións adversas, abórdanse temas relacionados coa normativa, con técnicas para mellorar as habilidades dos motoristas e a anticipación do risco e como reaccionar ante el. Ademais, trataranse temas como o mantemento básico da motocicleta, a técnica e o control da freada, a xestión da traxectoria en curvas, as manobras evasivas e coa condución con pasaxeiro.

Con esta iniciativa, o departamento que dirixe María M. Allegue reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria e a formación continua dos motoristas para reducir os riscos nas estradas galegas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2026