A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Cualedro

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero.

Nesta xuntanza a conselleira e o rexedor abordaron posibles actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio ourensán.

O departamento que dirixe María M. Allegue continúa colaborando cos municipios para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/09/2026